BARREIROS .- (FNC) O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga di que “chámame a atención que o BNG critique que se paguen ós empregados municipais kilómetros que fan cos seus vehículos particulares. Eu entendo que todos os traballadores de calquera empresa cando utilizan o seu coche propio evidentemente a empresa ten que pagarlles eses kilómetros, e o Concello é o que fai con eses traballadores. Respecto ós reparos de Intervención, últimamente fai moitos, pero como xa quedou dito cando se aprobaron os presupostos do 2008 todos eses kilómetros que fan eses traballadores, coa firma da alcaldía, unha vez comprobado que está debidamente xustificado ese desprazamento, se lles abonan. E cando fan horas extraordinarias os que traballan no abastecemento de auga evidentemente se lles pagan, como a calquera traballador”.
O rexedor barreirense considera que “o BNG, en vez de criticar, debería felicitar ós empregados municipais que estiveron traballando durante todo un fin de semana, de venres a domingo, para arreglar os moitos desperfectos que ocasionou en Barreiros o temporal de vento do 23 de xaneiro, mentras que a Xunta e a Deputación non enviaron a ninguén a este concello para botarnos unha man”.
A Fuente Parga sorpréndelle que “estas críticas as faga o BNG, que debería mirar máis cara a dentro, porque acaba de publicarse na prensa que 60 traballadores da Consellería de Medio Rural, que está dirixida polo Bloque, son dun mesmo concello e foron metidos a dedo; cando a xunta de persoal de Vicepresidencia, gobernada polo BNG, está pedindo que se anule unha convocatoria de prazas. Haberá que mirar un pouco cara a dentro, da casa dun propia, antes de criticar o de fóra”.
O alcalde de Barreiros xustifica pagos ós empregados municipais por traballos extraordinarios
O alcalde de Barreiros xustifica pagos ós empregados municipais por traballos extraordinarios
Relacionado
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
-
Arrincou en Ribadeo o ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña