Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova xuntanza de voceiros para seguir falando do mercado semanal de Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- O xoves 19 de febreiro ás 19:00 horas nunha xunta de voceiros os diferentes grupos políticos do Concello de Ribadeo seguirán a falar do mercado semanal para buscar posibles solucións á situación que se vive na actualidade.

O encontro desta tarde rematou sen acordos. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que “non hai nada novo. A situación é a que era no sentido de que hai que cumprir coa normativa vixente”. Mañá o mercado estará a disposición de todos os vendedores que queiran poñer os seus postos. O rexedor asegura que “a policía local vixiará desde moi cedo a zona de aparcadoiros para que estea libre e tamén estarán moi pendentes de que non se produzan coaccións”.

Exit mobile version