A sala de prensa do Concello de Burela acollerá mañá venres ás 20:00 horas unha nova conferencia enmarcada no ciclo Charlas de prevención de saúde de interés público. Neste caso os expertos falarán de depresión, ansiedade e estrés. As charlas que comenzaron o pasado 16 de xaneiro seguirán en Burela ata o 3 de xullo. Están organizadas pola Delegación de Sanidade do Concello.