Site icon Crónica3.com A Mariña

Mardouro, una asociación para a dinamización cultural e a unidade de Alfoz e Valadouro

ALFOZ .- Presentan no castelo de Castro de Ouro en Alfoz a asociación cultural Mardouro, iniciativa coa que os impulsores queren contribuír tanto á dinamización cultural como á necesaria aproximación e unidade dos concellos do Valadouro e Alfoz.
Está prevista a asistencia de  Manuel Lourenzo, Xesús Pisón e Isaac Ferreira, que darán conta dunha vindeira publicación sobre o patrimonio material do Valadouro e Alfoz. No acto estará tamén presente Antonio Veiga, responsábel de Cultura da Deputación provincial de Lugo.

Nota de Prensa

O vindeiro sábado día 7 de febreiro, ás 12:00 horas no salón de actos do Castelo de Castro de Ouro (Alfoz) terá lugar a presentación da Asociación Cultural MARDOURO. Por medio desta nova entidade queremos contribuír tanto á dinamización cultural como á necesaria aproximación e unidade dos concellos do Valadouro e Alfoz.
Para a presentación pública da Asociación Cultural MARDOURO contaremos coa presenza de Manuel Lourenzo, Xesús Pisón e Isaac Ferreira, que nos darán conta dunha vindeira publicación sobre o patrimonio material do Valadouro e Alfoz. No acto estará tamén presente Antonio Veiga, responsábel de Cultura da Deputación provincial de Lugo.

Exit mobile version