Site icon Crónica3.com A Mariña

Baile infantil de antroido en San Ciprián

SAN CIPRIÁN .- O luns 23 de febreiro a partir das cinco da tarde na Sala Disco Pasos de San Ciprián os nenos terán o seu baile infantil no entroido, será con entrada libre para todos os rapaces con música, xogos e múltiples agasallos. Os participantes poderán pasar un tempo divertido coa música e os xogos que teñen previsto desenvolverse ao longo desta cita, indican desde o Concello de Cervo.

NOTA DE PRENSA

Será o luns 23 de febreiro a partir das 5 da tarde na Sala Disco “PASOS”, con entrada libre para todos os rapaces, música, xogos e múltiples agasallos

OS NENOS TERÁN O SEU BAILE INFANTIL NO ENTROIDO DE SAN CIPRIÁN

• Ás 8 da tarde (peche da Casa da Cultura) do venres 20 de febreiro remata o prazo de inscrición no desfile do Martes 23 en San Ciprián para todos aqueles participantes que desexen recibir a súa tradicional cesta de Entroido.

Cervo, 18 de febreiro de 2009.- .00 a 21.00 horas. Aqueles rapaces que desexen achegarse ata esta cita recib O Entroido de San Ciprián contará cunha actividade especialmente dirixida para o público infantil. Trátase dun baile que a Concellaría de Xuventude do Concello de Cervo organiza na Sala-Disco Pasos o vindeiro luns, 23 de febreiro, de 17irán un agasallo, participarán en diversos sorteos e poderán pasar un tempo divertido coa música e os xogos que teñen previsto desenvolverse ao longo desta cita.

PRAZO DE INSCRICIÓN CON DEREITO A OBTER CESTA

A actividade está pensada especialmente para os rapaces de educación infantil e primaria máis todo aquel que o desexe pode acudir tamén co seu disfraz. A cita terá lugar un día antes da celebración do tradicional desfile de Entroido no que tamén poderán participar os máis novos do lugar que optarán aos premios das categorías infantís. O montante dos premios e agasallos o martes 24 de febreiro achégase a preto de 3.000 euros. Desde a organización, coordinada polo Concello de Cervo lembran que o prazo de inscrición remata este venres 20 de febreiro, para todos aqueles que desexen recibir a tradicional cesta de Entroido. Poden apuntarse tamén o propio luns 23 ou o martes 24 no Pavillón da Veiga pero esta vez sen dereito a obter a cesta-

A noite do martes 24 ao mércores 25 inclúe tamén un baile, esta vez para os adultos que comezará as 12 na Discoteca Pasos. Este será o lugar de entrega dos premios en metálico das categorías de adultos. A cita na media noite estará amenizada polo baile e a música a cargo da orquestra Los Españoles.

Por outra banda os rapaces e rapazas do instituto optarán a un premio especial de 150€ suplementario ao premio que, no seu caso, lles corresponda segundo a súa categoría.

Exit mobile version