Site icon Crónica3.com A Mariña

Interesase o BNG de Barreios polos dereitos dos traballadores e o control dos cartos públicos

Nota de Prensa

O BNG PIDE UN MAIOR CONTROL DOS CARTOS PÚBLICOS EN BARREIROS E UNHA MELLOR ORGANIZACIÓN DOS RECURSOS HUMÁNS.
Barreiros, 6 de febreiro de 2009. O BNG de Barreiros pide un maior control dos cartos públicos e unha mellor organización dos recursos humáns para prestar un servizos de calidade “e que se garantan os dereitos dos traballadores”. O voceiro nacionalista, Antonio Veiga, di que “xa son algo habitual os reparos que fai intervención do Concello de Barreiros a determinadas acción do equipo de goberno. Hai reparos ao aboamento das nóminas dos traballadores do Concello por un caso moi simple e fácil de entender… estánse pagando como productividade nesas nóminas o que son horas extras e desprazamentos. Son conceptos totalmente distintos porque non é o mesmo cotizar por horas extra a efectos da Seguridade Social que facelo por productividade. E incluso chega a haber traballadores no Concello de Barreiros que traballan 224 horas ao mes cando a media é de 150 horas e hainos incluso que non teñen descanso semanal tal e como aparece reflexado nos seus partes de traballo do 1 ao 31 do mes de xeito ininterrumpido”.
Veiga Outeiro engade que “no 2008 intervención realizou 32 reparos de legalidade. Desde o BNG entendemos que no Concello de Barreiros non se están rentabilizando os recursos humáns que se teñen, chega a haber contratados ao longo do ano 100 operarios e 100 operararios nunha poboación de 3.000 habitantes e nun concello de 72 kilómetros cadrados ben rentabilizados entendemos que podían dar un servizo moi eficiente. Nós non estamos a culpar aos traballadores desta situación, é máis hai que defender os dereitos dos traballadores por enriba de todo, pero o que  estamos a ver é que no Concello esta mala organización dos recursos humáns repítese”. Aos nacionalistas chócalles “cómo non vai haber unha mala organización si ata a propia nómina do concelleiro de Obras foi reparada por intervención porque non se especifica o destino nin o motivo das viaxes que realiza. Desde o BNG somos moi escrupulosos cando se trata de cartos públicos, nós non desconfiamos de que non traballe este concelleiro, pero todos os veciños e os grupos da oposición teñen dereito a saber a onde vai, qué viaxes fixo e con qué motivo”.
Antonio Veiga sinala que “si a propia nómina do concelleiro de Obras conta con reparos de legalidade como non o van estar as doutros traballadores”. O BNG pide “máis control dos cartos públicos e unha mellor organización dos recursos para que sexan máis eficientes e para prestar uns servizos de calidade e con rapidez e que se garantan os dereitos dos traballadores”. O voceiro do BNG en Barreiros di que “chócanos moito que esto ocorra durante o ano 2008 cando hai un concelleiro de Obras con adicación exclusiva e cando temos un concelleiro de Economía e Facenda que ía levar persoal e que ía facer unha reestructuración do personal, pero estamos peor que cando un só alcalde levaba todas as competencias. Algo está a ocurrir en Barreiros e queremos que esto se solucione”.

Exit mobile version