Site icon Crónica3.com A Mariña

Hoxe clausúrase a exposición de Celso Dourado no Museo Provincial

BARREIROS (FNC) .- Hoxe clausúrase no Museo Provincial de Lugo a exposición Arredor do debuxo do artista barreirense, Celso Dourado. O pintor asegura que “foi tremendamente importante coma calquera retrospectiva dun autor. O balance é moi positivo porque foi unha exposición moi concorrida, algo que non é moi habitual neste tipo de eventos e o que saquei de todo isto foi mostrar que hai outras técnicas a parte do óleo ou doutras habituais como poden ser o bolígrafo ou as madeiras queimadas. Son distintas formas de concibir a figuración, pero sempre tendo o debuxo coma eixo fundamental”.

A exposición Arredor do debuxo estivo no Museo Provincial de Lugo desde o pasado 9 de xaneiro.

Celso Dourado estáse preparando agora “tecnicamente para seguir traballando no arte. Estou probando novos formatos, novas técnicas e tamén hai por aí unha exposición colectiva pendente”. Pero sen lugar a dúbidas todos os seus esforzos se centrarán a partires de agora “na apertura dun museo ou mostra permanente no meu espacio persoal que agardo estea listo para primeiros de xuño. Ano a ano renovarase a obra exposta e mostrarase aí a miña traxectoria, pero case tan importante coma a obra que se poderá observar é o espacio que foi creado por min tanto a propia edificación coma os xardíns que a rodean. Ademais está a carón dunha praia, o cal de verán sempre é un atractivo”. Esta exposición permanente de Celso Dourado estará ubicada na súa residencia na praia barreirense de A Pasada.

Exit mobile version