Site icon Crónica3.com A Mariña

Ginés Rodriguez e Adrián Bouso venceron a tirada de bolos do Cruceiro

XOVE .- O sábado pasado, nunha tarde moi fría e campo en lamentable condición, a isto hai que engadirlle que se trata do campo máis duro e difícil de todo o campionato, danos uns marcadores moi baixos, con moitas “cucadas”.

Liga de Maiores.- Merecida victoria de Ginés Rodríguez, quen soubo adaptarse moi ben ao estado do terreo de xogo, realizando unha tirada moi regular que lle permitiu recuperar a terceira posición na xeral a costa de Luis Rancaño, que só puido ser sexto na tirada. Na cabeza, todo igual, só que José Rafael González rabuñoulle un punto ao líder. O resto da clasificación segue practicamente igual. A falla de cinco tiradas (A Vara, Vilachá, Morás, Xove e Sumoas) a clasificación dinos que, salvo moi grandes sorpresas, Arturo Vigo e José Rafael vanse disputar o primeiro e segundo posto finais, e que despois hai un grupo, encabezado por Ginés Rodríguez e no que están Luis Rancaño e Augusto Albo que van pelexar polo terceiro posto final.

Liga Sub 18.- A vitoria de Adrián Bouso acurta nun punto a distancia que o separa do segundo clasificado, Jose Vigo, quen aguantou ben co segundo posto e a mellor bolada. Ao líder e virtual campión Andrés Rodríguez atragantouselle o campo e só logrou puntuar por pelos, dado que cucou as dúas últimas tiradas. A falla de cinco tiradas, se a primeira praza xa ten practicamente dono, a pelexa está polo segundo e terceiro posto finais que completan o cadro de honra; para estes dous postos temos un grupo de xogadores encabezados por José Vigo con 37 puntos, seguido de Adrián Bouse con 35, Alex Meitín con 26 e Cristian Rodríguez con 23.

CLASIFICACIÓN.

A Vindeira tirada (14ª), e quinta desta segunda volta, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE O A VARA, NA PARROQUIA DE XUANCES, O VINDEIRO SÁBADO, 14 DE FEBREIRO DE 2009.

Exit mobile version