Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregan 26 vivendas de promoción pública en Burela

BURELA .- O delegado provincial de Consellería de Vivenda e Solo, Cosme Eladio Pombo, entregou esta mañá as vivendas protexidas de promoción pública, situadas na rúa Luís Seoane. En concreto entrega as chaves e as escrituras de 26 vivendas dunha promoción de 32 nas que este departamento autonómico fixo un investimento de 2.188.200 euros. Do total de vivendas entregas hoxe, 20 foron en réxime de aluguer e as outras 6 en compravenda.
As outras 6 vivendas, que inicialmente quedaron vacantes, serán adxudicadas en breve e unha vez rematado o procedemento serán entregadas aos seus adxudicatarios.

Nota de Prensa

A CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO ENTREGA AS VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA DE BURELA NAS QUE INVESTIU 2,1 M. €

?    O delegado provincial, Cosme E. Pombo, fai entrega das chaves de 26 vivendas dun total de 32 situadas na rúa Luís Seoane. As outras 6 vivendas serán adxudicadas en breve
?    Tamén visita as obras de mellora das rúas José M. González  Río e José Mariño Ben nas que este Departamento autonómico fixo un investimento de 59.938 €

Santiago de Compostela, 2 febreiro 2009.- O delegado provincial de Consellería de Vivenda e Solo, Cosme Eladio Pombo, fai entrega esta mañá das vivendas protexidas de promoción pública de Burela, situadas na rúa Luís Seoane. En concreto entrega as chaves e as escrituras de 26 vivendas dunha promoción de 32 nas que este Departamento autonómico fixo un investimento de 2.188.200 €. Do total de vivendas entregas hoxe, 20 foron en réxime de aluguer e as outras 6 en compravenda.

As outras 6 vivendas, que inicialmente quedaron vacantes, serán adxudicadas en breve e unha vez rematado o procedemento serán entregadas aos seus adxudicatarios.

Nesta promoción de 32 vivendas protexidas de promoción pública (VPP) hai 4 vivendas de dous dormitorios que teñen unha superficie útil de 65 metros cadrados e outras 28 vivendas teñen tres dormitorios e 83 metros cadrados útiles.

As vivendas protexidas de promoción pública (VPP) van dirixas a persoas, familias ou unidades convivenciais cuns ingresos ponderados anuais de entre 0,7 e 2,5 veces o Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM), é dicir, entre 4.900 € e 17.500 € aproximadamente. Estas vivendas entréganse en réxime de aluguer cando os adxudicatarios teñen uns ingresos ponderados anuais de ata 1,5 IPREM, é dicir, ata 10.500 € aproximadamente, e en réxime de compravenda cando ingresan entre 1,5 e 2,5 IPREM, é dicir entre 10.500 e 17.500 € anuais.

Mellora de espazos públicos
O delgado provincial tamén visita as obras de mellora executadas nas rúas José M. González Río e José Mariño Ben no entorno das antigas vivendas de promoción pública de Burela, nas que este Departamento autonómico investiu 59.938 €. As obras consistiron no levantamento das beirarrúas, a instalación de canalizacións para o alumeado público, aplicación dun novo pavimento e dotación de mobiliario urbano.

Exit mobile version