Site icon Crónica3.com A Mariña

En Burela teñen que protexer o contorno dun edificio por desprendementos a causa do vento

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, acaba de ordenar que acordoen as inmediacións dun edificio da rúa Rosalía de Castro “fronte ao parque porque están a caer pedazos de uralita do tellado. Non é moito o que está a soprar o vento neste momento, pero xa nos está a ocasionar algunha que outra complicación”. Llano tamén comenta que “se están a producir pequenos cortes no subministro eléctrico”.

O rexedor recoméndalle “precaución á poboación á hora de saír á rúa e de coller o coche, aínda que parece que a zona máis afectada será a comprendida entre Estaca de Bares e Viveiro. En Protección Civil e no Concello estamos atentos a todo o que poida ocorrer ao longo das vindeiras horas”.

Exit mobile version