ELES QUERIAN MELLOR AQUELO DE “FORMACIÓN DEL ESPíRITU NACIONAL”
Foi unha satisfacción coñecer o fallo da sentenza do Tribunal Supremo sobre a obxección á materia de Educación para a Cidadanía. Pon así punto e final a unha polémica estéril, zafia e falsa creada polos sectores máis radicais do Partido Popular e jaleados por os máis ultras da Igrexa Católica ou de organizacións como o Foro da Familia, entre outras.
Coa sentenza do Tribunal Supremo equipárase Educación para a Cidadanía a calquera outra materia, ponse fin á utilización política que a intentado convertela nunha arma arroxadiza. Poderemos por fin poñer sobre a mesa os asuntos que realmente preocupan na educación neste país: a modernización da Formación Profesional, as bolsas, a loita contra o absentismo e o abandono escolar, a erradicación de actitudes violentas, o 0 a 3. …
É absolutamente incomprensible a actitude que o Partido Popular mantivo sobre este asunto, en especial en Comunidades Autónomas como a madrileña ou a valenciana, onde promulgaron dende ofrecementos de aprobar sen ir a clase ata impartir o ensino en inglés. ¿Por que esa oposición a que os nosos adolescentes introducisen aprendizaxes sobre o rexeitamento ás discriminacións, a favor da igualdade de oportunidades e o respecto aos dereitos humanos?. ¿Ou ampliasen coñecementos sobre o funcionamento dos Estado democráticos e dos organismos internacionais?. É tanto como negar o avance cara a unha sociedade máis democrática e tolerante, ademais cando se lles cae a baba falando de europeísmo, a maioría dos países da EU teñen materias similares a esta, mais aínda foi o Parlamento Europeo cos votos do centro dereita quen propuxo aos Estados que incidiran na ensinanza e formación do sentir democrático e social nas aulas.
A igrexa, e os ancestros da dereita española, os que agora están son os fillos e os netos dos que cantaban o “cara al sol” con o brazo despregado ao ceo, non dicían nada daquela materia que eu suspendín un montón de veces e que se chamaba “FORMACION DEL ESPIRITU NACIONAL” que se impartía por falanxistas metidos a funcionarios de educación. En fin, eles saberán.