Nota de Prensa
OS CANDIDATOS MARIÑANOS DO BNG REÚNENSE ESTA TARDE COS AFECTADOS DO CELEIRIÑO. NO ENCONTRO ESTARÁ TAMÉN O DELEGADO PROVINCIAL DE VIVENDA.
A Mariña, 2 de febreiro de 2009. Os candidatos mariñanos do BNG ás vindeiras eleccións do 1 de marzo manterán un encontro esta tarde a partires das 18:00 horas no salón de actos da cofraría de pescadores de Celeiro cos afectados do Celeiriño. Tamén participará na xuntanza o delegado provincial de Vivenda, Cosme Eladio Pombo. O nº 3 da lista do BNG, Manuel Parga, asegura que “comentaremos con eles a disposición de fondos que fixo a Consellería de Vivenda para a reparación das súas vivendas. O departamento que dirixe Teresa Táboas destinou 1.500.000 euros que xa foron aprobados no Consello da Xunta para proceder a solucionar un problema creado por unhas obras no Celeiriño”. Parga engade que “eses cartos van supoñer a posibilidade de rehabilitar vivendas con axudas ata os 30.000 euros e a posible adquisición de 8 vivendas novas dado que algunhas non poden ser rehabilitadas”.
O candidato nacionalista considera que “esto ven demostrar unha vez máis que os nacionalistas desde o goberno nos comprometemos cos problemas das persoas. Algo que foi froito dun problema entre particulares (o do Celeiriño) a Consellería de Vivenda como non pode estar allea aos problemas dos cidadáns pois responde dun xeito proporcionado e con afán de solucionar eses problemas das persoas. Este conxunto de actuacións que levamos a cabo é unha máis das políticas de vivenda que levamos a cabo e que pretenden que todas as persoas poidan acceder a unha vivenda de calidade e nas mellores condicións posibles”.
Manuel Parga lembra que “na nosa comarca procedéronse nesta lexislatura a facer reparacións de vivendas en bastantes Concellos da Mariña que os anteriores gobernos do PP deixaron nunha situación bastante deteriorada e complicada. Houbo actuacións en Barreiros e está previsto facer máis en Burela, en Viveiro (engadidas ás xa realizadas) e en Mondoñedo. En total coa partida do Celeiriño falamos de máis de 3 millóns de euros en reparación de vivenda”.
No BNG cren que “as políticas sociais de vivenda reflicten que o que realmente nos preocupa é solucionar problemas ás persoas, mellorar a súa calidade de vida e o seu benestar. A nosa intención e o noso compromiso é que o acceso á vivenda sexa realmente un dereito e non só algo que está escrito”.