NOTA DE PRENSA
Balseiro explica que para Feijóo o corredor constitúe unha infraestrutura estratéxica no seu compromiso de lograr que o 80% dos galegos estean a menos de 10 minutos dunha vía de alta capacidade
O PPdeG ASUME COMO RETO QUE O CORREDOR DA COSTA DEIXE DE SER UNHA “INFRAESTRUTURA VIRTUAL” E COMPROMÉTESE A INICIAR AS OBRAS DO TREITO LUCENSE O ANO PRÓXIMO
• O Goberno do PPdeG deixou listos e adxudicados o 57% dos proxectos construtivos do trazado desta futura vía. En catro anos o Goberno de PSOE e BNG, non foi quen de iniciar os traballos de construción dun só quilómetro desta estrada na nosa comarca.
A Mariña, 17 de febreiro de 2009.- O candidato número 3 pola provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, explicou que o Partido Popular asume como gran obxectivo para a próxima lexislatura que a vía de alta capacidade (VAC) entre Ferrol e San Ciprián “deixe de ser unha infraestrutura virtual para converterse na gran vía de comunicación capaz de vertebrar os distintos concellos da Mariña lucense, estes coa provincia da Coruña, co resto de Galicia e de España”
Balseiro lembra que co Goberno do PSOE e BNG pese a existir ano tas ano consignación orzamentaria expresa para levar adiante esta actuación non foron quen de iniciar un só quilómetro en obras na nosa comarca. O PPdeG comprométese a que as obras no treito lucense comezarán o ano próximo “poñendo fin a catro anos de parálise e retroceso”
O candidato principal do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, adquiriu o compromiso de traballar para que o 80% da poboación galega a menos de 10 minutos dunha vía de alta capacidade. Neste obxectivo o corredor da costa entre Ferrol e San Ciprián constitúe unha aposta estratéxica.
Balseiro Orol defendeu que o último Goberno do Partido Popular deixou os proxectos construtivos adxudicados correspondentes ao 57% do trazado do corredor. Máis en concreto os treitos Celeiro – San Ciprián (8,4 quilómetros e 201.593 euros) San Sadurniño – Campo do Hospital (19,1 quilómetros e 400.316 euros) e a variante de Ortigueira: (10 quilómetros e 221.209 euros). Pola contra PSOE e BNG tan só se lembran desta vía cando a cita electoral esta próxima, poñendo de manifesto o grave retraso que leva a tramitación administrativa desta vía tan prioritaria para a nosa comarca.