Nota de Prensa
O GPPP CONSIDERA QUE A VISITA DE BESTEIRO Á MARIÑA É UNHA CUESTIÓN DE IMAXE
• González Barcia asegura que nada dixo nin nada fará para axudar ós damnificados polo temporal
• Os populares consideran que a liña de axudas da Deputación ó mundo do mar non existe
Lugo, a 2 de febreiro de 2009.- O GPPP asegurou que a visita de Gómez Besteiro á comarca da Mariña o pasado venres foi unha mera cuestión de imaxe e de propaganda sen efectos positivos para os concellos, empresas e cidadáns da Marina.
Así, o voceiro adxunto dos populares na Deputación, José María González Barcia, lamentou que Besteiro só ofreza na Marina convenios para desbroce de vías provinciais e para elaborar RPTs. “Se a Deputación só é capaz de ofrecer estas actuacións, mellor que Besteiro aforre a viaxe e se quede en Lugo”, asegurou González Barcia.
Barcia abunda neste tema, porque Besteiro durante as súas visitas ós portos de Burela e Celeiro tampouco plantexou ningunha axuda da Deputación a um sector em crise e que é fundamental para a economía mariñana e provincial. “E non plantexou axudas simplemente porque non as hai, a Deputación non ten un programa de axuda á pesca, nin tan siquera como elemento de promoción turística”, engadiu.
Os populares tamén critican que a Deputación non teña liñas de axudas a particulares e empresas afectados polo temporal. “Se os 17 millóns da Xunta son claramente insuficientes, nula é a resposta da Deputación ante esta situación de emerxencia. Pero nulo é tamén o interesse do Presidente da Deputación que na súa visita a Burela pasou fronte a varias empresas afectadas polo temporal, algunha fundamentais para a economía burelesa, e nin se dignou a interesarse por elas”, engadiu.