Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezaron en Ribadeo as xornadas A Ponte na Encrucillada da Historia

RIBADEO (FNC) .- Hoxe comeza en Ribadeo o ciclo de conferencias A Ponte na encrucillada da historia. O pasado 29 de xaneiro cumpríanse 200 anos da batalla na que os veciños e veciñas de sete parroquias dos concellos de Ribadeo e Trabada, ao mando do fidalgo Melchor Díaz de la Rocha, derrotaron un destacamento francés mandado polo xeneral Fournier. Foi durante a guerra de Independencia (1809) no lugar da Ponte, na parroquia ribadense de Arante. Co gallo desta efeméride, a Fundación Comarcal Mariña Oriental e a Delegación de Cultura de Ribadeo organizan unha serie de actos conmemorativos que inclúen o ciclo de conferencias que empezan hoxe, unha serie de visitas guiadas previstas para a vindeira semana e a reconstrución da batalla no mes de xuño.

As conferencias serán no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo ás 20:30 horas. Hoxe 4 de febreiro, Juan Ramón Fernández Pacios falará de A Ponte de Arante no Camiño Norte; o venres 6 de febreiro Xosé Ramón Veiga Alonso analizará A Guerra de Independencia na antiga provincia de Mondoñedo e o luns 9 de febreiro Rosa Cacheda Barreira falará sobre A pintura galega na idade moderna. O caso da Ponte de Arante. Unha aproximación á súa iconografía.

Exit mobile version