RIBADEO .- (FNC) O venres, o ás oito da tarde, na Casa do Mar de Ribadeo terá lugar unha charla para falar do programa de compostaxe caseiro na zona rural que porá en marcha o Concello. Na conferencia intervirán técnicos de ADEGA que “informarán sobre o proceso operativo. Esta alternativa que tamén se fixo noutras cidades coma Ferrol é viable, económica e reduce ao 50% o contido da bolsa de basura orgánica”, lembra o edil de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.
O concelleiro nacionalista asegura que “xa hai 15 veciños interesados en recibir os composteiros que repartiremos desde o Concello. Si hai máis aínda poden apuntarse para recibilos porque contamos nesta primeira fase con 20 recipientes que teñen unha capacidade de 350 a 400 kilos”, engade Cupeiro.