Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo repartira cerca de 3.000 euros en premios no Entroido de San Cibrao

CERVO .- O Concello de Cervo fará entrega de preto de 3.000 euros en premios a repartir entre as distintas categorías para aquelas persoas que desexen participar a título individual, como grupo ou comparsa no desfile de Entroido de San Ciprián que terá lugar o martes 24 de febreiro. Os premios inclúen desde diñeiro en metálico ata a tradicional cesta de Entroido que recibirán todos aqueles que se inscriban antes do 20 de febreiro na Casa da Cultura para participar no desfile.

O punto de partida será unha vez máis o Pavillón Polideportivo Municipal da Veiga onde dará inicio un percorrido polas principais rúas de San Cibrao que rematará na Casa da Cultura. Neste momento está previsto a entrega dos premios das categorías infantís e xuvenís, previa deliberación do xurado e non será ata a noite, no baile de disfraces que comezará as 12 horas na Discoteca Pasos, cando teña lugar a entrega dos premios en metálico das categorías de adultos. A cita estará amenizada polo baile e a música a cargo da orquestra Los Españoles.

PREMIOS EN METÁLICO

Segundo explicou concelleira de Cultura do Concello de Cervo, Chelo Gallego o reparto dos premios en metálico se efectuará do seguinte xeito:

Individual:
1º Clasificado: 60 €
2º Clasificado: 40 €
Parellas:
1º Clasificado: 120 €
2º Clasificado: 80 €
Grupos:
1º Clasificado: 200 €
2º Clasificado: 120 €
Comparsa infantil-xuvenil:
1º Clasificado: 250 €
2º Clasificado: 120 €
Comparsa adultos:
1º Clasificado: 500 €
2º Clasificado: 300 €

PREMIO ESPECIAL PARA OS ESTUDANTES DO INSTITUTO

Por segundo ano consecutivo, a asociación cultural A Sombriza -que xunto ao Centro de Iniciativas Turísticas, a asociación de Mulleres de San Ciprián e as ANPAS dos dous colexios da localidade, colabora na organización desta actividade- ofrecerá un premio especial de 150 € para aqueles grupos ou comparsas que estean compostos por alumnos do Instituto Marqués de Sargadelos e que, a xuízo do xurado, dispoñan dos disfraz máis orixinal.

AMPLIADO O PRAZO DE INSCRICIÓN

Como novidade principal este ano aquelas persoas ou grupos interesados poderán inscribirse para participar no desfile e optar ao premio da súa categoría ata o propio día da festividade local do Entroido. Eso si aqueles que opten por inscribirse o luns 23 de febreiro e o propio martes 24 de 15.30 a 16.30 horas na oficina habilitada ao efecto no Pavillón Polideportivo Municipal non terán dereito a recibir a tradicional cesta de agasallos que si recibirán aqueles que, máis apurados, fixeran efectiva a súa inscrición antes de venres 20 de febreiro –este inclusive- na Casa da Cultura.

O Entroido de San Ciprián xunto cos seus homólogos de Cervo e San Román contan coa colaboración do Concello de Cervo tanto na súa organización como no financiamento dos premios.

Exit mobile version