BANDO
Como consecuencia do temporal de vento dos días 23 e 24 de xaneiro resultou danada a antena e os equipos reemisores do sinal de televisión situados no Monte San Román e en Cuíña polo que moitos veciños das parroquias do noso termo municipal non poden ver a televisión nos seus fogares.
O Concello de Cervo está a traballar para solucionar esta moi importante avaría á maior brevidade posible e, con este obxecto, contratou con urxencia a reposición das antenas danadas e a reparación dos equipos reemisores.
Desde a empresa encargada destes traballos indícannos que a data prevista para a recuperación do sinal analóxico de televisión será o venres 13 de febreiro. Aproveitando a disposición da nova antena, incorporaranse os equipos coa tecnoloxía necesaria para que se poida recibir, a finais do mes en curso, o sinal de televisión dixital terrestre (TDT).