Site icon Crónica3.com A Mariña

Centolos de A Mariña organiza unha cea con motivo do segundo aniversario do motoclub

A MARIÑA .- O motoclub Centolos de A Mariña celebra unha cea o sábado, en San Cibrao, con motivo da celebración do segundo aniversario da creación da entidade. A Pasada fin de semana desplazaronse desde Burela a A Fonsagrada “53 centolos e centolas” onde degustaron “un cocido como mandan os canones”
Por outra banda, indican desde o motclub que “lamentamos a morte dun moteiro o pasado sábado, que aínda que non pertencía a nosa asociación era coñecido por todos nos e na bisbarra, outra vez temos que lembrar que todo parece indicar que bateu contra unha sinal de tráfico a cal lle amputou unha perna, todo elo, presuntamente, tras esvarar por mor da pintura das sinais horizontais a cal como todos sabemos e extremadamente esbarazida, seguimos insistindo en que tanto os gardarrais como as sinais, coma a pintura son a causantes destes terribles resultados, tendo estradas mais seguras estariamos todos mellor. Estamos a favor dos controis de alcoholemia, e dos radares en puntos perigosos e sen animo recaudatorio, e da presenza policial nas estradas pero tamén queremos estradas seguras para os mas vulnerables, os moteiros, os ciclistas e os peóns. Nos gustan as promesas pero mais nos gustan os feitos.

Exit mobile version