CERVO.- O pasado venres 13 de febreiro, celebrouse- como xa e tradicional nestas datas- a CEA INTERCONTINENTAL baixo o lema “COMBATAMOS A FAME COA XUSTIZA”. Esta cea foi organizada por CÁRITAS da Unidade Pastoral de Cervo en colaboración coa campaña do 50 Aniversario de Mans Unidas.
Nesta cea, os comensais -mais de cento vinte- degustaron pratos típicos e postres de diversos países con produtos elaborados pola xente do “Comercio Xusto” -onde os produtores asócianse en cooperativas para vender os produtos directamente ao consumidor para así eliminar as influencias negativas dos intermediarios.
Tamén houbo un posto do “Comercio Xusto”, onde os asistentes tiveron ocasión de mercar eses produtos. Parte desa recadación irá parar a un taller de promoción da muller “confeccionando un futuro” no pobo da San Antonio La Paz en Guatemala, lugar onde a Unidade Pastoral de Cervo ten en marcha varios proxectos dende hai uns anos. A Cea rematou cunha Celebración Eucarística.