NOTA DE PRENSA:
Segundo o deputado popular a continuidade das eivas que afectan a este centro público despois de ter investido preto dun millón de euros en reformas é un magnífico exemplo da “inmensa estafa” que constitúe a política social e de benestar desenvolvida polo BNG na Xunta
BALSEIRO VISITA A RESIDENCIA DE BURELA E COMPROBA QUE PERSISTEN AS DEFICIENCIAS ESTRUTURAIS DENUNCIADAS DE XEITO REITERADO POLOS POPULARES
* Balseiro subliña o “trato exquisito” da directora do centro que acompañou en todo momento no seu percorrido á comitiva formada por Jose Manuel Balseiro, Mariña Gueimunde y Jose González Barcia.
A Mariña, 13 de febreiro de 2009.- Jose Manuel Balseiro Orol, na súa condición de deputado do Parlamento de Galicia, visitou na mañá de hoxe as instalacións da residencia para persoas maiores de Burela e puido comprobar que persisten as deficiencias denunciadas de xeito reiterado polos populares. Balseiro subliña o “trato exquisito” da directora do centro que acompañou en todo momento no seu percorrido á comitiva formada por Jose Manuel Balseiro, Mariña Gueimunde y Jose González Barcia
INEFICAZ REFORMA CUN CUSTE DUN MILLÓN DE EUROS
Despois de que a Vicepresidencia da Xunta de Galicia tivera investido preto dun millón de euros nas obras de reforma deste centro as instalacións non cumpren os parámetros de ergonomía e funcionabilidade que deberá ter unha infraestrutura destas características destinada á atención xeriátrica e de persoas dependentes.
INMENSA ESTAFA DA POLÍTICA DO BENESTAR DA XUNTA
A multitude de eivas observadas fan tamén inviable que a residencia poida albergar a persoas dependentes ou con importantes dificultades de mobilidade. Non se está a cumprir, en consecuencia, o anunciado polo nacionalista Anxo Quintana, titular da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, quen en abril de 2007 deu por feito que a residencia disporía de prazas para 89 persoas dependentes e 25 máis no novo centro de día. Segundo Balseiro a situación deste centro é un magnífico exemplo da “inmensa estafa” que constitúe a política social e de benestar desenvolvida polo BNG na Xunta
RELACIÓN DE EIVAS
Balseiro comprobou que non existen ramplas que poidan ser empregadas por persoas con mobilidade reducida ou en caso de evacuación, que tan só se dispoñen de dous ascensores para unha ocupación máxima posible de 114 residentes máis o persoal, que estes elevadores non dispoñen das dimensións suficientes para que neles entren padiolas un camas articuladas. O deputado tamén puido comprobar que as habitacións dos residentes non teñen portas, o que reduce a súa privacidade e as dimensións non son as máis axeitadas para o acceso con mobiliario camas.
Non son suficientes os asesos xeriátricos dispostos nas plantas para o número de residentes e non se corrixiu axeitadamente as deficiencias no grupo auxiliar electróxeno que mantería a luz no centro en caso de interrupción do subministro eléctrico externo.