Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro Orol di que Sanidade deriva pacientes do Cof aos centros de saúde

NOTA DE PRENSA

Balseiro Orol constata cancelacións masivas das citas médicas de mulleres da nosa comarca que esperaban someterse a unha proba xinecolóxica

SANIDADE DERIVA A PACIENTES DO CENTRO DE ORIENTACIÓN FAMILIAR -COF- ATA OS CENTROS DE SAÚDE

•    As afectadas están a recibir unha misiva pola que son derivadas ao seu Centro de Saúde para que o médico de cabeceira determine se de novo deben acudir ao COF ou ao Hospital, mentres tanto desaparecen das listas de espera oficiais.

•    A proba de citoloxía é un procedemento básico e periódico orientado a previr moitas enfermidades xinecolóxicas como o cancro de colo de útero. Moitos dos centros de saúde non dispoñen do instrumental,  persoal e formación suficiente para efectualas

A Mariña, 27 de febreiro de 2009.- O número tres da candidatura do PPdeG por Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, denuncia publicamente unha práctica pola que a Consellería de Sanidade está a cancelar de xeito masivo as citas que moitas mulleres da nosa comarca tiñan con especialistas dos Centros de Orientación Familiar (COF) para someterse a probas preventivas e diagnósticas que deberan ser periódicas, como é o caso das citoloxías. A práctica consiste no envío dunha carta membretada polo departamento autonómico que dirixe a socialista Maria Jose Rubio e o propio SERGAS e asinada pola directora médica do Hospital da Costa. Nela, o sistema sanitario galego afirma ter coñecemento de que a muller receptora da misiva ten solicitado un control de saúde no Centro de Orientación Familar (COF) pese a iso deriva á paciente ata o Centro de Saúde coa escusa de evitar “esperas innecesarias”. Segundo se desprende da carta remitida, trátase de obrigar ao médico de familia a “determinar as atencións” que a muller precisa, “o lugar e o profesional sanitario que debera prestar estas atencións” sen descartar polo tanto que sexa novamente derivada ao COF ou ao hospital.

Balseiro explica que se trata dun exemplo máis da tantas veces denunciada maquillaxe das listas de espera. Mentres espera a que chegue o día da súa cita no Centro de Saúde desaparece da lista de espera do COF, maila que probablemente logo terá que volver a este servizo. “Non ten ningún sentido facer isto sobre todo cando, como é o caso, a muller estaba tiña que someterse a unha citoloxía, unha proba preventiva que debera ser como mínimo de periodicidade anual -demora superada amplamente no caso do que estamos a falar- e que ten por obxecto evitar e tratar con atención temperá diversas enfermidades xinecolóxicas.
FALTA DE MEDIOS

Na misiva pola que se procede á cancelación da cita co COF e se deriva á muller paciente ata o seu Centro de Saúde faise referencia as bondades do novo Plan Integral da Saúde das Mulleres. O que desde a Consellería socialista esquecen explicar é que neste documento marca como obxectivo realizar a proba de citoloxía  na Atención Primaria en máis do 60% dos casos, pero os Centros de Saúde non dispoñen nin do aparataxe nin do persoal ou formación necesaria para desenvolvelas ou facer o referido diagnóstico ou criba.

CITOLOXÍA PROBA PREVENTIVA BÁSICA E PERIÓDICA

As citoloxías son unhas probas xinecolóxicas vitais para previr o cancro de cérvix -colo de útero- e detectar a infección polo virus do papiloma humano. Consisten no estudo das células obtidas no útero e constitúe a proba máis eficaz  para a prevención deste tipo de enfermidades. Na actualidade, o cancro cervical é a segunda causa máis común de morte por cancro (so superada polo cancro de mama) entre as mulleres de entre 15 a 44 anos en toda Europa. A citoloxía forma parte da revisión xinecolóxica anual que debera realizarse na sanidade pública máis este tipo de cancelacións das citas con médicos especialistas do COF poñen en serio risco a estar persoas e contribúen a desbotar os esforzos por implantar a cultura da prevención no relativo á saúde das mulleres. De verse obrigadas a acudir á sanidade privada esta proba diagnóstica suporía un custe superior aos 80 euros.

MÚLTIPLES DENUNCIAS DAS USUARIAS

O Partido Popular de Galicia tivo coñecemento deste e doutros moitos casos similares a través das denuncias que achegan moitos veciños da comarca empregando as oficinas do deputado (sitas en Viveiro e Ribadeo) ou incluso, nos últimos días, nos encontros que teñen lugar con ocasión dos actos electorais. As cancelacións masivas das citas cos especialistas médicos e as listas de espera no Hospital e nos Centros de Saúde están a ser dúas das cuestións máis preocupan aos veciños da Mariña lucense conscientes de que nos últimos catro anos se está a rexistrar un deterioro progresivo do sistema público de saúde.

UNIDADES DE ATENCIÓN INTEGRAN ÁS MULLERES

Precisamente no día de onte o Partido Popular de Galicia (PPdeG) ofrecía unha medida que pode servir de solución en positivo á problemática descrita. Balseiro Orol deu a coñecer a intención da formación política á que pertence de poñer en marcha Unidades de Atención Integral ás Mulleres en cada comarca destinadas a desenvolver programas asistenciais específicos para elas e que contarán cun amplo cadro de persoa composto por médicos de familia, un especialistas en xinecoloxía, matronas, enfermeiras, psicólogas, traballadoras sociais e orientadores xuvenís. Todo isto evidencia o grande compromiso do futuro Goberno de Feijóo coas mulleres e coas súas problemáticas específicas en distintos ámbitos e, de xeito especial no da saúde.

Exit mobile version