BURELA .- Alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato do IES Perdouro recibiron unha conferencia sobre os “Beneficios da actividade físico-deportiva”. A Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia ven realizando dende 2004 ciclos de conferencias nos Institutos de Ensinanzas Secundaria orientadas a mellorar a educación sanitaria dos seus alumnos, titulados “Unha medicina ao servizo da sociedade 2009”. Nelas informáselles sobre os perigos para a saúde derivados de hábitos inconvenientes que se implantaron, entre os rapaces, nos últimos tempos.
Tal iniciativa, patrocinada polas Deputacións Provinciais conta coa colaboración dos equipos directivos dos institutos visitados y contabiliza, neste momento, máis de 200 actuacións en IES de toda Galicia.
No IES Perdouro, a conferencia elixida coa intención de contribuír a mellora educación sanitaria dos alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato tratou sobre os Beneficios da actividade físico-deportiva e estivo a cargo do DR. D. José Luís Rodríguez Villamil Fernández, Académico Correspondente da Real Academia. Fixo fincapé nos efectos positivos do exercicio físico para a nosa saúde e o seu balance a largo prazo. Tamén demostrou os problemas que podía acontecer por non facer exercicio físico incidindo sobre as repercusión sobre a saúde que afectan aos rapaces particularmente e cuxa prevención urxe estimular.