Site icon Crónica3.com A Mariña

Algúns maiores deixan o servizo “xantar na casa”, segundo o PP

NOTA DE PRENSA:

O PP asegura que hai maiores que están deixando de usar o servicio de “Xantar na casa”.

Os populares afirman que a comida é repetitiva.

Consideran que Vicepresidencia e Quintana manipulan ás persoas maiores.

O PP de Burela asegurou hoxe a través dunha nota de prensa que varias persoas maiores usuarias do programa “Xantar na casa”, posto en marcha pola Vicepresidencia de Anxo Quintana deixaron de usar este programa porque a comida é repetitiva e a calidade non é a agardada, segundo os mesmos usuarios.

Tan repetitiva que xa están fartos de guisantes, garbanzos e xudías.

Para os populares, esto demostra que a finalidade do programa non é garantir a calidade de vida dos maiores, senon a manipulación, como fixeron cos maiores do mitin de Quintana; como fixeron coas obras da Casa da Terceira Idade, que dixeron que só quedarían as paredes de fora e fixeron unha chapuza; ou xogando alegremente coa seguridade dos nenos e nenas e persoal da gardería de Burela, cunha lona que tapa parte do teito desde hai máis de tres meses. Manipulación que se extende ó asunto da vivenda, xa que agardaron á campaña para entregar as chaves das vivendas do Torno. Manipulación e mesmo mentira que se extende ás persoas con dereito a cobrar pola lei de dependencia, que agora se lles dí a alguns que cobrarán a finais do presente ano, ou incluso que cobrarán en 2011.

Os populares de Burela levarán o asunto de “Xantar na casa” a pleno, porque consideran que tamén hai responsabilidade do concello, especialmente de Nieves Cando, que vendeu este servicio como inmellorable, e agora resulta que o único servicio novo que foi capaz de poñer en marcha en cáseque dous anos non é tan bon nin fantástico como se decía.

Exit mobile version