Site icon Crónica3.com A Mariña

Afectados polo Plano Sectorial de Vivenda en Burela integraranse nunha plataforma galega

BURELA .- Afectados polo Plano Sectorial de Vivenda en Burela integraranse nunha plataforma segundo indicaron representantes dos interesados. Estes mantiveron unha reunión en Santiago “para proceder á creación da Plataforma Galega de Afectados polo Plano Sectorial de Vivenda da Xunta de Galicia” co fin de “unificar esforzos para conseguir que este Plano se retire naquelas concellos ou zonas, coma Foxo en Burela”.

Nota de Prensa

NOTA DE PRENSA DOS PROPIETARIOS AFECTADOS POLO PLANO SECTORIAL DA VIVENDA EN FOXO-BURELA.

Representantes dos propietarios afectados polo Plano Sectorial de Vivenda da Xunta de Galicia en Foxo, Burela, asistiron o anterior fin de semana a unha reunión en Santiago de Compostela para proceder á creación da Plataforma Galega de Afectados polo Plano Sectorial de Vivenda da Xunta de Galicia, de cara a unificar esforzos para conseguir que este Plano se retire naquelas concellos ou zonas, coma Foxo en Burela, que se considera que invade o dereito á propiedade, e que a súa aplicación derivará nunha especulación levada a cabo pola propia Xunta de Galicia.
Para os próximos días, os propietarios afectados serán convocados a unha reunión, para explicar polo miudo a situación e adoptar decisións de cara ás medidas a tomar.

Exit mobile version