Site icon Crónica3.com A Mariña

ADEGA convoca unha xuntanza contra as minicentrais en Mondoñedo

MONDOÑEDO.- ADEGA convoca a colectivos e asociación no Centro Comarcal da Mariña Central, sito en Mondoñedo para intentar constituír unha plataforma en contra da construcións de minicentrais hidroeléctricas, por considerar que pode danar outros recursos naturais do concello mindoniense.

NOTA DE PRENSA:
ADEGA CONVOCA UNHA XUNTANZA EN CONTRA DAS MINICENTRAIS EN MONDOÑEDO

Proporase ao colectivos e persoas participantes a constitución dunha Plataforma contra as minicentrais

Maña xoves día 5 de Febreiro de 2009 ás 20:30 horas, no “Centro Comarcal de A Mariña Central” en Mondoñedo, terá lugar unha xuntanza aberta a tódolos mindonienses para analizar a situación actual no que se refire as concesións administrativas para a construcción das minicentrais hidroeléctricas nos ríos Tronceda e Figueiras. Nesta reunión, proporase a constitución dunha plataforma de oposición a estes proxectos, xa que de levarse a cabo danarían de forma irreversible importantes recursos de Mondoñedo, principalmente o turismo e o medio ambiente.

Como xa se informou con anterioridade, o proxecto do “Salto de Cabana” afectaría a un área recreativa moi querida en Mondoñedo; visita obrigada dos turistas nas súas vacacións e dos mindonienses no seu tempo lecer. A subtracción da auga necesaria para o funcionamento da minicentral, deixaría o río sen caudal suficiente para enchela piscina fluvial, e do mesmo xeito evitaría que puidésemos continuar contemplando os saltos de auga que dan nome “A Fervenza”.

No proxecto situado na parroquia de Figueiras danaríase un ecosistema que ata o momento permanece inalterado. Con esta actuación, o río veríase afectado durante máis de dous quilómetros, nun tramo medio – alto de enorme riqueza natural. No río Figueiras constatouse a existencia de especies animais endémicas da Península Ibérica que na actualidade se encontran ameazadas, estando protexidas polo ordenamento xurídico do Estado e Galicia. Sorprendentemente, estes datos aparecen nos informes ambientais cos que a Consellería de Medio Ambiente pretende autorizar a minicentral hidroeléctrica, a pesar de que as instalacións non son compatibles coa conservación do hábitat das especies ameazadas.

Estes dous proxectos, a maiores do seu propio valor xa recoñecido dende sempre polos mindonienses, contan co engadido de estar cualificadas legalmente como Rede Natura.

A día de hoxe, as alegacións interpostas ante Augas de Galicia por asociacións, particulares e o Concello de Mondoñedo (setembro – outubro do 2007), non foron contestadas. A Lei de Procedemento Administrativo expón con claridade que as alegacións presentadas a procedementos en exposición pública, deben ser contestadas: “La comparecencia en el trámite de información pública no otorga, por sí misma, la condición de interesado. No obstante, quienes presenten alegaciones u observaciones en este trámite tienen derecho a obtener de la Administración una respuesta razonada, que podrá ser común para todas aquellas alegaciones que planteen cuestiones sustancialmente iguales”. Neste caso, tanto ADEGA coma o Concello de Mondoñedo teñen a condición de interesados. O feito agrávase cando comprobamos que está sendo unha administración (Augas de Galiza – Organismo Autónomo da Xunta de Galiza) a que lle está negando este dereito a outra (Concello de Mondoñedo).

Exit mobile version