Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA e o CCA de Ribadeo repartiron 1.500 euros na campaña de San Valentín

RIBADEO (FNC) .- Seis persoas, catro mulleres e dous homes, gozarán mañá en Ribadeo dos 1.500 euros en premios que repartiron ACISA e o CCA dentro da campaña de San Valentín.
María Novo foi a afortunada co vale de 1.000 euros que terá que gastar en compras, nunha cea e en copas o día 14 de febreiro. A papeleta que cubriu para participar no sorteo foille entregada na Candelaria.

Outras cinco persoas: Maica, Carla, Marcos, Celso e Encarnación foron agraciados con vales por importe de 100 euros cada un para gastar tamén o día de San Valentín en establecementos de hostalería de Ribadeo: cea, viños, copas… Neste caso as papeletas que cubriron cos seus datos e o seu número de teléfono fóronlles entregadas nos seguintes establecementos comerciais: Foto Pérez, Pulpeiro, Barbería Egonda, Telbar Pontenova e Bis a Bis.

O sorteo da campaña de San Valentín celebrouse onte xoves pola tarde nas instalacións de ACISA e o Centro Comercial Aberto de Ribadeo na Avenida de Asturias. Contou coa presenza do presidente, Gervasio Cao e da secretaria, Mar Torviso.

Exit mobile version