Site icon Crónica3.com A Mariña

A Delegación de Sanidade de Burela inicia o unha campaña de revisión ocular entre escolares

BURELA .- (FNC) A Delegación de Sanidade inicia o luns 2 de marzo unha campaña de revisión ocular entre os alumnos de primaria do concello. Segundo explica a edil, Sonia Fraga, dita campaña “dará comenzo no Colexio Vista Alegre e seguirá na semana do 9 de marzo polo centro Virxe do Carme. Os alumnos obxecto desta revisión serán desde 1º a 6º de primaria. Con esta campaña o que pretendemos é que se detecten posibles problemas de visión nos nenos e así erradicar cuestións coma o baixo rendimento escolar que poidan ter algúns rapaces por problemas de visión”.
As actividades que organiza a Delegación de Sanidade seguirán a partires de mediados de marzo e tamén durante o mes de abril cuns talleres de nutrición “para intentar inculcar tanto nos colexios de infantil coma nos de primaria a necesidade de levar unha alimentación axeitada”, engade Sonia Fraga. Haberá tres talleres dunha hora de duración cada un. Os dous primeiros serán teóricos e un experto “explicaralles aos nenos a importancia de comer sano e de consumir froitas na nosa dieta. E a terceira hora será un taller práctico para degustar froitas e zumos variados co fin de que os rapaces experimenten cos sabores e así potenciar o consumo de froitas tan importante a día de hoxe na nosa alimentación”.
Estas campañas que realiza o Concello de Burela, a través da súa Delegación de Sanidade, comenzaron hai semanas co reparto nos colexios de iogures para potenciar o consumo de lácteos entre os nenos e co reparto de culotorios para incidir na importancia dunha boa hixiene bucal.

Exit mobile version