Site icon Crónica3.com A Mariña

A Consellería de Industria abreu en Burela unha oficina de atención aos afectados polo temporal

BURELA .- A Consellería de Industria abreu na Casa do Mar en Burela unha oficina de atención aos afectados polo temporal. A oficina estará operativa de luns a venres en horario de mañá e tarde para asesorar aos afectados na xestión das axudas convocadas pola Consellaría para a reparación dos danos provocados polo temporal nos establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís do país, así como nas infraestruturas enerxéticas e turísticas de titularidade municipal.
Nota de Prensa

INNOVACIÓN E INDUSTRIA ABRIU HOXE AS SÚAS 2 OFICINAS DE ATENCIÓN AOS AFECTADOS POLO TEMPORAL EN BURELA E ORTIGUEIRA

?    As oficinas asesorarán aos afectados na xestión das axudas convocadas pola Consellaría para a reparación de danos nos establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís do país
?    O importe global das subvencións acada os 3,8 millóns de euros

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2009. As 2 oficinas de atención aos afectados polo último temporal rexistrado en Galiza que habilitou a Consellaría de Innovación e Industria en Burela e Ortigueira abriron hoxe as súas portas. As oficinas (situadas na Casa do Mar de Burela e no Centro Social de Ortigueira, no porto deportivo da vila) estarán operativas de luns a venres en horario de 10 h. a 14 h. e de 16 h. a 19 h., para asesorar aos afectados na xestión das axudas convocadas pola Consellaría para a reparación dos danos provocados polo temporal nos establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís do país, así como nas infraestruturas enerxéticas e turísticas de titularidade municipal.

O importe global das axudas do departamento de Fernando Blanco, que serán convocadas mañá no DOG, acadará os 3,8 millóns de euros, sen prexuízo de ulteriores variacións que se puideran producir como consecuencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria.

Para os efectos dos danos en empresas, consideraranse aqueles causados nas súas edificacións, instalacións e maquinaria, nas mercadorías depositadas nos locais así como nos vehículos comerciais ou industriais afectos a estas actividades. Con respecto aos Concellos, as axudas de Innovación e Industria destínanse á reparación de infraestruturas enerxéticas e turísticas que resultasen danadas e sexan de titularidade municipal. Quedan excluídas desta convocatoria as actividades de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.

A concesión das axudas terá carácter subsidiario e complementario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, do que poidan ser beneficiarios os afectados. Non obstante, cando os citados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as axudas previstas na orde de Innovación e Industria serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas ou ingresos até o límite do valor do dano producido. Os modelos formalizados de solicitude das axudas de Innovación e Industria deberán obterse e validarse, logo da publicación da orde no DOG, a través da web da Consellaría (www.conselleriaiei.org, enlace a “Axudas Virtual”).

Exit mobile version