RIOTORTO .- O vicepresidente da Deputación, Antón Bao recibiu está mañá no Pazo de San Marcos o alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa. Durante a xuntanza asinouse un convenio de colaboración entre a Área de Deportes e o concello para pór en marcha un proxecto de reconstrución e adecuación do polideportivo municipal. Para Bao a rehabilitación dos espazos deportivos é “máis ca necesaria para que os rapaces e rapazas de todas as comarcas lucenses poidan practicar calquera tipo de actividade deportiva”. As achegas ás asociacións e o fomento de determinadas disciplinas é unha das máximas da Área de Deporte.