Site icon Crónica3.com A Mariña

Mexar na rúa e outras caralladas

MEXAR NA RÚA E OUTRAS CARALLADAS

Por Otero Regal

Teño moitos defectos. Un deles é que me gusta o pobo, vila ou cidade onde hai trinta e pico anos que vivo por decisión propia, tras longo debate familiar sen atender ao sentido crematístico, gústame a súa historia, os seus edificios, a súa xente, as súas tradicións, os seus olvidos históricos, e culturais… Por iso detesto aos que ensucian as rúas da súa cidade. E cabréame moito máis os que ensucian a miña.

Éme indiferente o que cada un faga na súa casa, de portas para dentro. Dáme igual se alguén quere comer pipas e tirar as cascas no seu salón; ou se lle apetece soltar un escupitaxo verde no medio do corredor; ou se tira as cabezas das sardiñas ao gato ou ao can, por certo ¿come un can as cabezas de sardiña?; coma se quere mexar no armario do seu cuarto. Pélama. Pero, na rúa, convívese con outras persoas e a algúns non nos gusta ver como outros a deixan feita unha merda, e nunca mellor dito

Desagrádame os porcos. Sexan de onde sexan. Aínda que, lamentablemente, levo anos constatando que tanto mouros como cristiáns, tiros e Troianos son porcos nos seus comportamentos cotiáns. Imaxino que, os galegos acostumados a vivir en aldeas, onde as rúas non están nin sequera asfaltadas, e a maioría das veces nin existen, por aquí chamábaselles congostras ou corredoiras, non son conscientes de canto ensucia un esgarro, unha goma de mascar, unha mexada de can -ou humana- ou o simple lixo descolocado e esnaquizado. Se é así, abondaría con educalos. E como, a base de hostias, se aprende todo moito antes, unhas cantas multas servirían como curso acelerado de civismo.

Teñen máis delito os porcos finos. Os da aldea poden escudarse en diferenzas culturais, pero os porcos de aquí merecerían ir ao cárcere. Cando escoito o típico vello, engarrando, camiñando como un péndulo invertido por culpa da artrose, arrefriado, co peito cargado e que fai “grgrgrhj, ¡ zup!”, non é que me sente mal . O certo e que me apetecería agarralo polo colo, axeonllarlle e obrigalo a tragar o que acaba de cuspir. Por certo eso ou cousas parecidas de comportamento cidadán fano tamén os novos, os menos novos, os estudados, políticos e demais tropa do carallo. Pero sei que iso tampouco estaría ben. Así que simplemente me cabreo, esperando que, algún día, un concelleiro de medio con collóns e si é concelleira, como no caso que me toca con ovarios se atreva a multar os peóns que emporcallan a rúa.

Exit mobile version