Site icon Crónica3.com A Mariña

13 restaurantes propoñen exquisiteces nas I Xornadas Gastronómicas do Ourizo en Burela

BURELA .- (FNC) Mañá dan comenzo en Burela as I Xornadas gastronómicas do ourizo que organiza a Delegación de Mar do Concello e que se prolongarán ata o vindeiro domingo. Os que acudan poderán degustar este exquisito producto de temporada ao prezo de 4 euros e preparado de xeito tradicional, pero tamén en pratos moi elaborados coma “espárragos recheos de caviar de ourizo, ourizo con bogavante, fabas con ourizo, revuelto de ourizo ou pizza de ouriza”, segundo explica a concelleira, Remedios López Villar.

As persoas que pasen por algúns dos 13 restaurantes participantes recibirán unha cartulina que lles irán selando e despois entrarán no sorteo dunha cea para unha parella en calquera deses establecementos. O restaurante que elabore o mellor prato de ourizo tamén será premiado. “Neste caso o xurado estará composto por membros da confraría de pescadores, de ABSA, da Moncloa e do propio Concello. O gañador que recibirá un agasallo simbólico será elixido coma mellor restaurador das I Xornadas gastronómicas do ourizo de mar”, segue a contar a edil socialista.

Remedios López engade que “cos pratos preparados a base de ourizo será elaborado un terceiro libro de receitas ao igual que xa se fixo coa pescada e co bonito”. A concelleira de Mar convida “a todos los bureleses e mariñanos a achegarse estes días a Burela a disfrutar deste exquisito producto de temporada”

Exit mobile version