Liga de Maiores.- Despois dunha tempada certamente irregular, vitoria de Carlos Javier Rodríguez, un dos animadores do Campionato, e a priori sempre un dos favoritos ao trunfo final; esta vitoria permítelle a Carlos Javier pasar do 9º ao 6º posto, co fin de intentar nas 8 tiradas que faltan un achegamento maior aos postos de cabeza. Vistos os resultados desta primeira tirada do ano, dicir que os primeiros estiveron moi igualados, en consecuencia non aparecen grandes diferencias na clasificación, agás Augusto Albo, o cal perde dous postos, pasa do 3º ao 5º posto na xeral ao obter só dous puntos na tirada. Como conclusión, os favoritos seguen en cabeza. prevéndose unha segunda volta moi disputada, dado que ningún xogador ata o momento está amosando unha superioridade manifesta.
Liga Sub 18.-. O actual líder, Andrés Rodríguez, despois dunha final da primeira volta bastante irregular, parece que as vacacións sentaronlle ben e comezou o ano con vitoria á que lle sumou o punto da mellor bolada, isto confirma a súa candidatura ao trunfo final; os 46 puntos que leva, 15 máis co segundo, fan que poida asumir esta segunda volta cunha certa tranquilidade. Segundo continúa Jose Vigo, quen despois dun comezo de temporada irregular, está a obter excelente resultados, e, hoxe por hoxe, practicamente o único que lle pode facer sombra a Andrés para o trunfo final.
Despois desta volta esta é a clasificación.
A Vindeira tirada, e segunda desta segunda volta, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE PALMEIRO, O VINDEIRO SÁBADO, 17 DE XANEIRO DE 2009