RIBADEO .- Un grupo de veciños e propietarios de terreos da zona histórica de Ribadeo afectados polo plan sectorial de chan residencial da Xunta comezaron o proceso para crear unha asociación. O seu portavoz, Mario Penelo, manifestou en declaracións á emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM) que ven positiva a reunión celebrada o pasado luns en Santiago de Compostela entre responsables da Consellería de Vivenda e representantes do Concello de Ribadeo, aínda que lamentou a ausencia nese encontro dos portavoces municipais do PSOE e da Unión do Pobo Ribadense, Balbino Pérez Vacas e Francisco Rivas, respectivamente.