Site icon Crónica3.com A Mariña

Ve o BNG de Foz que lle da a razón a xustiza ao anular o estudo de detalle da rúa do Cemiterio

Nota de Prensa

O TSXG DALLE A RAZÓN AO BNG NO ESTUDO DE DETALLE DA RÚA DO CEMITERIO

O BNG votara en contra por non axustarse á lei

O BNG de Foz diante da sentenza que acaba de emitir o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza anulando o estudo de detalle da Rúa do Cemiterio, ten que manifestar que esta sentenza ven a darlle a razón cando o noso grupo votara en contra da mesma. As razóns que no seu momento esgrimiamos  é que ía en contra da Lei do Solo en canto que esta establece que os estudos detalles redactanse para quinteiros ou unidades completas e en ningún caso poden servir para aumentar o aproveitamento urbanístico do solo. Neste sentido o TSXG ratifica nesta sentenza o que o BNG defendía ao afirmar que “a alteración da aliñacións proxecta o seus efectos e consecuencias sobre parcelas situadas fronte o parque infantil cuxa superficie se incrementa”. Tamén o BNG aludira neste caso que non se adaptaba á lei por que as construccións que permitía non se adaptaban ao entorno por aumentar a edificabilidade dos terreos nunha zona de casas baixas.

A raíz desta sentenza, novamente o alcalde de Foz queda desautorizado por un tribunal de xustiza. Para o BNG este é outro claro exemplo que demostra para quen goberna e de como a política urbanística se fixo para beneficio duns poucos e en contra da maioría e, o que é mais grave, en contra da legalidade vixente. O BNG ve moi grave a actuación do grupo de goberno ao votar a favor dun estudo de detalle sabendo da súa posíbel ilegalidade e demanda do alcalde que dea explicacións sobre os detalles da sentenza e as consecuencias que terá para o Concello. Para o BNG o alcalde e o grupo de goberno que o apoia debera agora asumir as súas responsabilidades políticas nun caso no que todos pagamos a súa irregular actuación.

Por outro lado, o BNG vai a solicitar que se revisen outros estudos de detalle que están na mesma situación e que foron aprobados na mesma época e que serviron para ter a avalancha de licenzas que provocaron un crecemento urbanístico desmesurado que trouxo as consecuencias que hoxe todos vemos.

Exit mobile version