Nota de Prensa
REGALXUNQUEIRA
Curva de Xunqueira-Viveiro.
Camiño Real, 127 – Xunqueira
27850 Viveiro (Lugo)
Tlf. 982 56 25 89 – Fax 982 56 04 06
www.oteroregal.com
A fin de ano clausuramos as duas exposicions que dende veran se estaban a mostrar na sá de exposicións temporal, con mais que notable éxito de visitas as mesmas.
Por unha banda a exposición de gravados “CEN ANOS DE LAXEIRO” que tras doce meses adicados á difusión da figura de Laxeiro en Galicia cun intenso programa de actividades, o CENTRO REGALXUNQUEIRA levou a cabo a conmemoración do seu centenario cunha exposición que amosou, por primeira vez na bisbarra, dúas carpetas de gravados “ CAOS ARMONIA” e “PERSOAXES” cedidas para a ocasión polo coleccionista SANTIAGO BORRAZAS FARIÑA, o que lle agradecemos a súa colaboración.
Foron 19 gravados que, remarcan a importancia de José Otero Abeledo, Laxeiro (Lalín, 1908-Vigo, 1996) na renovación da plástica galega do século XX, á que soubo incorporar as tendencias en voga na Europa do seu tempo.
Nos xardíns do complexo bautizados como SOUTO DA ESCULTURA clausurouse a exposición “O Arte do Tempo : ESCULTURA AFRICANA “Unha vintena de obras , algunhas de gran formato que fixeron un repaso por o arte étnico africano que tanto influíu en diversos artistas do século XX.
OUTRAS ACTIVIDADES DO COMPLEXO CULTURAL REGALXUNQUEIRA NO 2008
As actividades no complexo inauguráronse con a exposición: O NORTE TAMEN EXISTE NA QUE EXPOÑEN AS SUAS OBRAS OS ARTISTAS MAIS SOBRANCEIROS DO NORTE GALEGO:
(DIEGO CASADO, CAXIGUEIRO, QUIQUE GUERRA, GUERREIRO, SAUL JIMENEZ, CESAR MASEDA, RENATA OTERO, OTERO REGAL, MAURO LEIVAS, XULIO VILLARINO)
Ademais coincidindo coa mostra programáronse visitas de alumnos de centros de ensino (Primaria e Secundaria de todo Galicia, as visitas guiadas a mostra e instalacións abertas e obradoiros trataron de que foran unha iniciación o mundo do arte e o traballo dos artistas.
En total participaron 10 centros de E. X. B. e 14 de secundaria , a maior parte de A Mariña e Ortegal pero tamén acudiron de Sarria e de Asturias e Bretaña Francesa.
Paralelo á exposición proxectábase un documental encol do arte moderno.
No salón de actos do centro presentouse o libro catalogo O NORTE TAMEN EXISTE, A carpeta de gravados e poemas de Paco Ribas e Otero Regal “ O MAR…AMOR”
E celebráronse cursos e encontros de asociacións de veciños e culturais da bisbarra.
En total o numero de visitas guiadas e por libre o COMPLEXO REGALXUNQUEIRA no pasado ano foi de unhas 6000 persoas.