RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo recorrerá á vía executiva, si é necesario, para cobrar as taxas que lle adebedan a maioría dos vendedores do mercado semanal dos mércores. O edil responsable de Economía e Facenda, Vicente Castro, asegura que “nós tentaremos levar adiante ese cobro en primeiro lugar pola vía ordinaria é dicir no período voluntario que se establece mentres proceda e senón é así será pola vía executiva”.
O concelleiro nacionalista di que “faremos valer o principio de igualdade ante a lei de todos os cidadáns. Nós mentres non se acorde o contrario e a Corporación non decida o contrario temos que facer cumprir con esta ordenanza tal e como o facemos con calquera outra do Concello”.