RIBADEO (FNC) .- O Concello convoca tres prazas de traballo temporais. Unha de técnico de lingua e cultura: o contrato realizarase pola modalidade de obra ou servizo determinado ata o 31 de decembro de 2009 a tempo completo. Entre os requisitos que se esixen para acceder a esta praza figura o título de licenciado/a en Filoloxía Galega. Valoraranse os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras administracións públicas en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante e os cursos relacionados coa actividade a desenvolver impartidos pola administración pública ou entidades dela dependentes ou homologados. Os interesados poden presentar a documentación correspondente ata as 14 horas do 28 de xaneiro no rexistro de entradas do Concello. A proba escrita e a selección de persoal levaranse a cabo o 3 de febreiro ás 17:00 horas na Casa do Concello.
Outra das prazas que convoca o Concello de Ribadeo é a de chofer de rozadora para o Servizo de Medio Ambiente. O contrato farase pola modalidade de obra ou servizo determinado ata o 31 de decembro deste ano. Un dos requisitos que se esixe para optar a este posto é o Graduado Escolar, Graduado en ESO ou equivalente así coma o permiso de conducir que habilite para a condución de rozadoras. Valoraranse os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras administracións públicas en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante e os cursos relacionados coa actividade a desenvolver impartidos pola administración pública ou entidades dela dependentes ou homologados. Os interesados poden presentar a documentación ata as 14 horas do 26 de xaneiro no rexistro de entradas do Concello. As probas de selección serán o 27 de xaneiro ás 17:00 horas na Casa do Concello.
E a terceira das prazas convocadas é a de técnico en actividades deportivas. O contrato será pola modalidade de obra ou servizo determinado ata o 31 de decembro de 2009. A xornada será de 37,5 horas semanais, incluíndo, de ser o caso, traballo en sábados, festivos e domingos, dada a natureza do traballo a desenvolver. Un dos requisitos que se esixe é ser técnico superior en actividades físicas e deportivas. Valoraranse os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras administracións públicas en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante e os cursos relacionados coa actividade a desenvolver impartidos pola administración pública ou entidades dela dependentes ou homologados. A documentación pódese presentar no rexistro de entradas do Concello ata as 14 horas do 27 de xaneiro e a proba e valoración de méritos aportados será o 29 de xaneiro ás 17,30 horas na Casa do Concello.