Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo abrirá polas tardes a OMIC para que os veciños podan denunciar os danos do temporal

RIBADEO (FNC). O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ven de anunciar que a OMIC estará aberta polas tardes de 4 a 8 durante esta semana para que os afectados polo temporal da pasada fin de semana poidan presentar as reclamacións oportunas. Suárez Barcia sinala que “pasado este ciclón, agora é o momento de avaliar e cuantificar as posibles perdas e entendo que os negocios, os comercios que queiran denunciar as posibles perdas ocasionados por este temporal deben canalizalas, tal e como dixo onte o Conselleiro de Innovación e Industria, a través do Instituto Galego de Consumo… tamén un pouco para saber a magnitude dos estragos”.

O rexedor engade que “como en Ribadeo temos Oficina de Consumo e de cara a facilitar trámites, a dar máis información, para dar tamén máis tempo para realizar consultas decidimos abrir tamén polas tardes a OMIC en horario de 4 a 8 durante os días laborables desta semana. Alí os cidadáns poderán pedir información e alí brindaranlles os impresos para canalizar diante do Instituto Galego de Consumo todas as súas reclamacións”.

A OMIC estará tamén aberta polas mañás no seu horario habitual.

Exit mobile version