Segundo a concelleira de Cultura, Neves Cando “trátase dunha historia rodada en Burela, con actores e actrices afeccionados e afeccionadas, que desenvolve unha trama de clara inspiración na afamada triloxía de F.Ford Coppola”.
A edil nacionalista engade que “coma xa fixemos noutras ocasións, dende a Delegación de Cultura queremos tamén apoiar as iniciativas, neste caso cinematográficas, dos nosos veciños e veciñas e mostrar ao público en xeral as producións culturais que nacen no noso pobo”.