O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asinou un bando no que fai saber que “con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia que se celebrarán o vindeiro 1 de marzo de 2009 e co fin de asegurarse o dereito de sufraxio activo, as listas electorais correspondentes a este termo municipal poderanse consultar no departamento de estadística da Secretaría do Concello ata o vindeiro 19 de xaneiro”