Site icon Crónica3.com A Mariña

O responsabel de economía de Ribadeo ve que PSOE e UPRI rexeitan consenso no plan sectorial de Vivenda

RIBADEO .- (FNC) O concelleiro de Economía e Facenda e voceiro do BNG, Vicente Castro, critica a actitude mantida esta mañá por PSOE e UPRI na xunta de portavoces na que se ía a falar do plan sectorial de vivenda da Xunta. Castro asegura que “desde o equipo de goberno convocamos unha xunta de portavoces para debatir sobre dito plan sectorial co fin de avanzar de cara a posibles alternativas segundo a moción presentada polos grupos da oposición. PSOE e UPRI negáronse a entrar nun debate mentras o tema non se leve a pleno. Nós temos que dicir que en ningún momento nos negamos a levar este asunto a pleno e así está previsto”.

Ao edil nacionalista chámalle a atención “a súa espantada cando nos acusan a nós de falta de información cando o que pretendíamos a parte de dar información era avanzar no tema de cara a unhas posibles alternativas que se puideran presentar e consensuar entre os grupos. A nosa intención foi sempre levar o plan sectorial a pleno e que o tema chegue a ser posible a esa cita con acordos de consenso entre todos os grupos, pero a actitude de PSOE e UPRI non ía xa por ese camiño”.

Vicente Castro explica que “se negaron a expoñer a súa postura e levantáronse da xunta de portavoces, non así o PP que sí se manifestou na intención de levar o plan a pleno e non se negou a debatir e falar sobre outras posibles alternativas para Ribadeo. Considero que por parte de PSOE e UPRI se pretende evitar que o plan sectorial dunha maneira ou doutra saia para adiante desde o punto de vista dunha proposta conxunta e consensuada”.

O voceiro do BNG engade que “no equipo de goberno seguiremos a traballar para chegar a acordos sobre posibles ubicacións e alternativas e o tema se tratará en pleno como estaba previsto”

Exit mobile version