NOTA DE PRENSA
“O PP de Cervo confunde unha visita de traballo de Jacinto Parga con un acto electoral”
O Presidente de portos de Galicia visitou as instalacións portuarias para comprobar os arranxos acometidos, pero o PP dixo de forma malintencionada que foi un acto pre-electoral
Sen luz ni taquígrafos, e sen medios de comunicación, así foi a visita do Presidente de Portos de Galicia a San Ciprián. O motivo era comprobar in situ as obras de reparación da Anxuela, despois dos desperfectos sufridos a pasado ano tras os temporais; outra das obras comprometidas foi a prolongación das escaleiras do peirao e o seu graneteado para facelas antideslizantes. Así mesmo colocouse sinalización de seguridade na Anxuela completando os requirimentos.
Temos que lembrar que Jacinto Parga comprometeuse co Grupo Municipal Socialista e cos veciños na anterior visita, a volver as instalacións unha vez concluídas as obras de reparación para ver os resultados e as impresións da xente, e así o fixo, invitando ao Concello a sumarse a visita para escoitar as propostas que quixeran plantexar. Polo tanto, non podemos entender coma os representantes municipais do PP, os Sres Basanta e Alfonso Villares, puideron ser tan torpes e dicir que se tratou dun acto electoralista, posto que nin a prensa estaba convocada, nin se enviou ningunha nota dende o ente.
E a segunda vez en un ano que o presidente de Portos de Galicia visita San Ciprián, despois de unha larga seca institucional por parte do PP en todos os anos que gobernou Galicia, e por iso parécennos mais lamentables e demagóxicas as declaracións do Concello de Cervo, que volve a criticar as institucións galegas seguindo a tónica habitual da rabecha despois dunha visita.
Dende o Grupo Municipal Socialista creemos que o PP está intranquilo ante as próximas eleccións autonómicas e ve actos electorais por todas partes, polo tanto pedímoslle aos Populares que incrementen o consumo de tila e rebaixen o de café para afrontar sen complexos e histerismo os próximos comicios autonómicos.