NOTA DE PRENSA
A solicitude dos populares ten a forza suficiente para obrigar a reunir a Deputación permanente da Cámara autonómica o próximo venres a partir das 12 horas do medio día
O PPdeG RECLAMA A COMPARECENCIA DE TOURIÑO NO PARLAMENTO PARA QUE EXPLIQUE A XESTIÓN DO GOBERNO DURANTE O TEMPORAL QUE CAUSOU MÚLTIPLES ESTRAGOS EN GALICIA
* Os populares observan falta de previsión, planificación e coordinación na Xunta antes e despois de acontecido o temporal.
* Jose Manuel Balseiro acudirá á devandita xuntanza e espera que socialistas e nacionalistas non impidan a comparecencia de Touriño.
A Mariña, 28 de xaneiro de 2008.- A Deputación permanente do Parlamento de Galicia reunirase na mañá do venres 30 de xaneiro a petición dos deputados do Partido Popular. A convocatoria deste órgano ten por obxecto valorar a solicitude dos populares que reclamaron a comparecencia do Presidente en funcións da Xunta de Galicia, o socialista Emilio Pérez Touriño, para que explique a súa xestión durante o temporal sufrido na Mariña lucense o pasado fin de semana –do 23 ao 24 de xaneiro-, así como os motivos do colapso do Centro de Emerxencias 112 Galicia.
FALTA DE PREVISION, AUSENCIA DE MEDIOS
Segundo o PPdeG o acontecido estes días é un exemplo máis da falta de previsión do Goberno galego, que non planificou correctamente a súa actividade despois pese a ter coñecemento das previsións metereolóxicas. O PPdeG cuestiona a coordinación dos medios dependentes da Xunta e quere obter explicacións xa que, ao seu entender, brillaron pola súa ausencia en todos os concellos afectados, e tanto durante como despois de pasado o temporal.
BALSEIRO NA COMISIÓN PERMANENTE DE CONTROL
Jose Manuel Balseiro Orol asistirá a esta xuntanza da Comisión Permanente do Parlamento de Galicia órgano que, entre outras funcións ten a de control da xestión do Goberno naqueles períodos de inactividade parlamentaria ou cando, como hoxe acontece, o Parlamento de Galicia está disuelto tras a convocatoria oficial dos comicios do próximo 1 de xaneiro.
TAMÉN IMPREVISIÓN A POSTERIORI
A Mariña lucense segue a sufrir as consecuencias desta situación, e a Xunta aínda non dispuxo dos medios materiais e persoais suficientes para afrontar os arranxos e a limpeza dos destrozos causados. Os populares subliñan que os concellos tiveron que atender as emerxencias cos seus propios medios a pesares de que era máis que evidente que a magnitude dos estragos superaba e supera ás posibilidades municipais.
BATERÍA DE INICIATIVAS SOBRE O TEMPORAL
A iniciativa do PPdeG no Parlamento de Galicia engádese ás presentadas nas Cortes Xerais reclamando a declaración de zona catastrófica así como a moción que defenderá nos distintos concellos da nosa comarca e que foi presentada no día de onte.