Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pídelle seriedade e rigor ao alcalde de Burela

NOTA DE PRENSA
GMPP pídelle seriedade e rigor ó alcalde.

Afirman que debería pedir perdón polo retraso das obras complementarias de Torrentes.

Os populares lembran que o proxecto inicial foi feito polo PP e xa contemplaba separativos, sendo a metade máis barato.

O GMPP burelés reiterou hoxe a través dunha nota de prensa que o alcalde ademais de ter pouca afición ó traballo non é seiro, xá que visto o retraso de catro ou cinco das obras complementarias de Torrentes o que debería pedir non é paciencia, que non a hai a vender nas tiendas, senón perdón pola súa ineficacia.

Os cidadáns viron como se lles enganaba,cando se dixo que estarían rematadas no verán pasado, e agora, pasado o verán e o outono, e a mediados do inverno, as obras ainda non remataron.

Os populares lembran que o proxecto inicial foi feito polo PP e xá contemplaba separativos de pluviais; ademais, é unha obra que serve para a urbanización de Torrentes, que pagan os propietarios, e que, curiosamente, saleu presupostada no doble do que estaba previsto, cáseque setenta millòns máis das antigas pesetas sobre o presuposto de orixe. Algo que o alcalde nunca explicou con claridade, porque sobre o inicial fixo un novo proxecto, que á súa vez despois modificou. A diferencia de cartos terana que abonar os propietarios con cargo á conta de liquidación, gracias á brillante xestiòn do alcalde.

Os cidadáns de Burela deben saber que as obras estiveron fora da legalidade dous meses, cando se estaban facendo actuacións non contempladas no proxecto aprobado, o que obligou a facer un modificado a posteriori. Do que o único culpable é o alcalde e ninguén máis.

En Burela,a vinteoito de Xaneiro de dous mil nove.

Exit mobile version