Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP insiste en que o alcalde de Burela non vela pola seguridade cidadá

NOTA DE PRENSA
O GMPP reitera que o alcalde non vela pola seguridade cidadá.

Afirman que o pasado sábado non houbo efectivos da policía municipal.

Aseguran que un accidente quedou sen levantar atestado.

O GMPP burelés reiterou hoxe a través dunha nota de prensa que o alcalde non vela pola seguridade cidadá e tampouco ten ningún interese en resolver a falla de efectivos da policía local. Cuestión que está a xerar problemas e situacións de inseguridade: noites de fins de semana con ningún ou con un efectivo, accidentes que non se atenden, chamadas de particulares que non atopan resposta, etc. Situacións nas que hai que decir que o persoal da Policía Local non é culpable, o culpable é o alcalde.

Os populares aseguran que o último caso aconteceu o pasado sábado pola tarde, cun accidente en Arcadio Pardiñas, á altura da gasolinera, afortunadamente sen feridos, pero do que non se puido levantar atestado porque non había nin un só efectivo da policía local de turno. As competencias neste caso son da policía local e non da Garda Civil.

Para o GMPP, chove sobre mollado, porque o alcalde é a máxima autoridade na matéria e non está cumplindo co seu deber. Non está aportando ningunha solución, e a crispación dos veciños vai en aumento, porque as situacións de inseguridade e incapacidade son cada vez maiores.

O alcalde ten a obriga de dar solucións, e desde o PP, como el non as pón, imos aportar duas: contratación de personal para ter un total de catorce efectivos, que son os que o PP tina programados, por um lado, e durante as noites, sobre de todo do fin de semana, o turno do GMIR adicado a labores de vixiancia, cousa que xá se ten feito en máis de unha ocasión.

En Burela,a vintetrés de Xaneiro de dous mil nove.

Exit mobile version