Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP distribuirá un boletín analizando a xestión do goberno da Xunta

NOTA DE PRENSA

OS POPULARES DISTRIBUIRÁN UN BOLETÍN QUE BAIXO O TÍTULO “CATRO ANOS PERDIDOS PARA A MARIÑA LUCENSE” ANALIZA A XESTIÓN DO GOBERNO BIPARTITO NA XUNTA

* Centra a súa análise en catro asuntos principais: o desplome nos investimentos da Xunta na nosa comarca, o deterioro do sistema público de saúde, a destrución de empregos e o retroceso en política de benestar social.

A Mariña, 23 de xaneiro de 2008.- O Partido Popular da Mariña distribuirá 40.000 exemplares dun boletín informativo polos distintos fogares dos quince concellos da nosa comarca. Baixo o título xenérico “catro anos perdidos para A Mariña lucense” os populares fan unha análise da xestión do Goberno bipartito de Galicia (PSOE+BNG) ao longo da lexislatura que remata. O documento será presentado na tarde de hoxe polo deputado popular no Parlamento galego José Manuel Balseiro Orol, acompañado de alcaldes e portavoces locais desta formación política.

INVESTIMENTOS, SANIDADE, DESEMPREGO E POLÍTICA SOCIAL

O novo boletín estrutúrase en base a catro áreas de estudo: O desplome nos investimentos da Xunta na nosa comarca -que veñen diminuíndo ano tras ano-, o deterioro do sistema público de saúde, a destrución de empregos e o retroceso en materia de política social e benestar. Todas estas cuestións arroxan un resultado negativo despois de catro anos de xestión gobernamental conxunta de PSOE e BNG e demostran que o proxecto do bipartito está esgotado.

DESPLOME DOS INVESTIMENTOS

Establecendo unha comparativa dos datos contidos nos orzamentos da Xunta das ´cinco últimas anualidades o PP subliña varios aspectos: No que levamos de lexislatura o bipartito reduciu á metade o investimento na nosa comarca, xa que mentres no 2005 a Xunta investía 400 € por cada mariñán, hoxe tan só achega 199 € por habitante. A maiores disto, lonxe do que debera ser un comportamento normal, o Goberno bipartito vén diminuíndo ano tras ano, as partidas para obras e servizos a levar adiante na nosa comarca. O PP certifica tamén os incumprimentos do bipartito (corredor, hospital, polígonos industriais, pesca,…) e o baixo grado de execución dos orzamentos de PSOE e BNG que non cumpren co comprometido.

DETERIORO DO SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE

No ámbito da sanidade, o boletín subliña un feito inaudito: Por primeira vez na historia, como consecuencia da mala xestión da Xunta, existen listas de espera nos centros de saúde de atención primaria, tanto para acceder á consulta cos médicos de cabeceira como para a prescrición de receitas. O deterioro do sistema público de saúde ten a súa manifestación máis explícita no que está a acontecer no Hospital da Costa. PSOE e BNG negan a necesaria ampliación da estrutura e da oferta asistencial do centro, impiden que se lle dote dunha resonancia magnética permanente e non permiten que se elabore unha auditoria sobre os tempos de demora que se rexistran para o acceso ás consultas dos especialistas ou para as intervencións cirúrxicas. O boletín conten unha comparativa da evolución das listas de espera tanto nestes últimos meses como respecto do 2005, empregando para elo os datos oficiais que o propio SERGAS publica na súa páxina web. Alerta tamén sobre dúas prácticas na positivas para os doentes, a cancelación masiva das citacións do hospital sen ofrecer data alternativa para a consulta -o coñecido como axendas pechadas- e o rexeitamento do novo número centralizado para solicitar cita co médico, que por ser un teléfono de tarificación especial supón un sobrecuste para moitos usuarios.

BIPARTITO= DESEMPREGO E DESPROTECCIÓN

Por outra banda, o exemplar que chegará aos fogares mariñáns establece unha dobre comparación: “Bibartito é igual a desemprego e desprotección”:

No referente á destrución de postos de traballo o boletín alerta ante o grave ritmo acadado pola alza do paro, máis de 15 desempregados ao día na Mariña durante os últimos meses de 2008. Persoas que pasaron a engrosar a lista do INEM procedentes de todos os sectores produtivos. A Xunta prometeu acadar 30.000 novos postos de traballo o ano pasado e, pola contra, o 2008 rematou con 35.000 desempregados máis ca no ano anterior. “Unha sangría que parece non ter fin e uns datos, moito por riba da media de destrución de emprego no conxunto da provincia”.

A política social non é, lonxe da propaganda, unha prioridade para o bipartito. Este feito aparece reflectido no boletín que recolle dúas ideas nas que veñen insistindo desde o PP comarcal: Hoxe hai máis mariñáns que faleceron á esperara de cobrar as axudas que lles correspondían pola Lei de Dependencia que veciños desta comarca recibíndoas. Ademais diso, nestes catro anos non se levou adiante a apertura de novos centros de día e residencias para persoas maiores.

EN POSITIVO

Finalmente o PP comarcal empraza aos veciños da Mariña a dicir “adeus ao bipartito” pois, na súa opinión, “son moitas as razóns para reclamar un cambio a mellor”. Precisamente cada veciño pode ser protagonista deste xiro en positivo xa que ten “moito que decidir sobre o futuro da nosa comarca”. Convida tamén o boletín popular a visitar as páxinas web con información habitilatas polo propio partido: www.recargandogalicia.com e www.ppdegalicia.com

Exit mobile version