Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que Touriño non vén porque non ten proxecto para Burela

NOTA DE PRENSA
O PP considera que Touriño non veu porque “non tén nada que ofrecer en Burela”.

Os populares afirman que anular a visita é un xesto de “desprecio e desgana”.

Aseguran que os socialistas non teñen proxecto para Burela.

O PP de Burela asegurou hoxe mediante unha nota de prensa que Touriño non estivo onte en Burela porque non tén nada que ofrecer ós cidadáns deste Concello, que non foi capaz de visitar oficialmente en catro anos de goberno da Xunta. Para os populares, a xestión da Xunta de Touriño é igual a cero, como é igual a cero a xestión da Xunta de Quintana. As obras máis emblemáticas, o acceso ó porto e a auga, que xá tiñan proxectos aprobados e consignación presupostaria en 2005, cando o PP deixou a Xunta, unha leva parada meses, e a outra non se acabará hasta dentro de ano e medio, porque vai a paso de tartaruga.

Polo tanto, é evidente que anular a visita de Touriño é un xesto de desprecio hacia o pobo de Burela, que vé como os socialistas non contemplan ningún proxecto novo para Burela nos presupostos da Xunta para 2009, mesmo eliminan sete millóns de euros que había para o Hospital, e tamén é un xesto de desgana e de pasotismo, ó que xa nos teñen acostumados os socialistas.

Por eso, Touriño optou por non vir a Burela, porque non hai nada que ofrecer nin nada que decirlles ós seus afiliados e simpatizantes, e ó millor por eso a comida podía ser escasa e fría.

Exit mobile version