Nota de Prensa
O GMPP afirma que a noite de fin de ano non houbo ningún municipal de garda.
Os populares aseguran que moitas chamadas non foron responstadas e que os municipales en prácticas están a facer “prácticas irregulares”.
O GMPP de Burela afirmou hoxe que o concello de Burela non contou con ningún policía municipal de garda durane a noite de fin de ano, o que demostra a falla total de planificación do alcalde, e o seu “pasotismo” neste asunto, que acarrea situacións de inseguridade e sensación de desprotección. Así, os populares afirman que constataron que varios particulares chamaron esa noite á policía local e acadaron a resposta do buzón de voz do móvil dos funcionarios.
Para o GMPP, o único responsable é o alcalde, porque é quen tén a obriga de garantir que se cumpla co servicio nunha noite tan sinalada e na que acostuma a haber moita xente nas ruas e mesmo gamberradas e rotura de moviliario urbano. E se non o fai, actúa de xeito irresponsable. Tanto é así, que se concederon dias por asuntos propios a traballadores do concello en xeral sen contar coa planificación do servicio, como paso co dia vinteseis de Decembro, dia en que non houbo suficiene persoal nas dependencias municipais.
Ademais, o GMPP asegura que os policías municipales que aprobaron recentemente o proceso selectivo, e que agora se atopan na Estrada facendo o curso de formación, están facendo as prácticas de forma, cando menos, “irregular”, porque as están facendo sós; a normativa di que teñen que ir, sempre, acompañados dun policía funcionario.
Esta situación, da que tamén é culpable e responsable o alcalde, pode acarrear momentos nos que a actuación do funcionario en prácticas quede invalidada a nivel legal.
Desde o PP non entendemos como se pode ser tan “pasota” e traballar tan pouco desde un posto coma o de alcalde do concello de Burela en asuntos coma este. Non nos sorprende, xa a que as ganas de traballar do alcalde xa son coñecidas por escasas, e o seu pasotismo e deixar ir xa está cansando ós cidadáns.