O GMP DE BURELA SOLICITA A CELEBRACIÓN DUN PLENO EXTRAORDINARIO PARA SOLICITAR A DECLARACIÓN DE ZONA CATASTRÓFICA.
Considera que o decreto da Xunta provocará retraso no cobro das axudas.
Os populares critican a pasividade do alcalde e de Nieves Cando para paliar os efectos do temporal.
O GMPP burelés presentou no día de onte unha petición de celebración de pleno extraordinario para que a corporación municipal solicite a declaración de zona catastrófica para o conxunto de concellos afectados polo temporal, por entender que o Goberno Central debe tomar medidas urxente para paliar os efectos do temporal.
Os populares consideran que a liña de axudas aberta pola Xunta de Galicia vai provocar, ademais de ser insuficiente, un considerable retraso á hora de cobrar as indicadas axudas, dado que, tomando como referencia o decreto de axudas ós afectados polas ríadas de 2006, moitos dos afectados ainda non percibiron nin un só euro.
Igualmente, o GMPP pide a implicación directa da Deputación Provincial de Lugo, que a día de hoxe segue a estar calada e non tén aberta ningunha líña de colaboración cos concellos, empresas e particulares afectados. Sen dúbida a Deputaci´n pode facer aquí unha boa labor, pero a incapacidade dos seus responsables políticos fai que a institución provincial estea a día de hoxe desaparecida e por riba sen ningún tipo de planificación sobre o que se pode facer, tal e como quedou demostrado o pasado martes no pleno celebrado pola corporación provincial.
No que se refire a Burela, os populares consideran que a actuación do alcalde e de Nieves Cando foi sinxelamente patética. A día de onte, ainda había camiños intransitables pola ramallada desprendida das árbores. Durante o sábado, persoal de concello axudou a determinados particulares, o que nos parece ben, pero outros quedaron totalmente desatendidos. O mesmo pasou coas empresas e comercios, que quedaron totalmente desvalidas ante a situación. Un atropelo dun neno en Arcadio Pardiñas á altura da Rúa das Flores o sábado pola tarde non foi atendido pola Policía Local porque non había ningún municipal de turno. Unha vala publicitaria estivo na acera da travesía municipal á altura de Pomeda catro días tirada. Non se fixo nada para colaborar coa Residencia da Terceira Idade para solucionar os problemas de luz, ainda que se xogou o partido de fútbol sala do sábado á noite (non queremos nin pensar que Nieves Cando ou o alcalde colaborasen para solucionar os problemas dun clube privado e “pasasen” da casa da Terceira Idade). Non chega con decirlles ós afectados que presenten reclamaci´ns na oficina do consumidor, hai que abrir xa unha oficina de reclamacións e asesoramento porque moitos cidadáns non saben que trámites facer. E por último, non se activou o Plano de Emerxencias Municipal, dado que o persoal de obras do concello, agás dúas ou tres persoas, non foi movilizado. En definitiva, un auténtico desastre de xestión dunha situación realmente muy grave e que foi aproveitada para traer aquí ó Sr. Touriño a facer unha ruta electoral. Un desastre de xestión que demostra a incapacidade do alcalde e de Nieves Cando.
Por último, os populares consideran que a Xunta descárgase de responsabilidade ó trasladar a xestión do pago ó consorcio de seguros, porque quenen van sair perxudicadas, unha vez máis, serán as familias máis necesitadas e faltas de recursos, dado que estas non teñen suscrito ningún tipo de seguro sobre as súas casas, pisos, ou pequenas propiedades.
O PP segue celebrando xuntanzas cos veciños.
O PP de Burela segue a súa liña de traballo de xuntanzas cos veciños. Así, despois de ter unha concurrida asamblea de afilliados o pasado mércores, hoxe, venres, ás n ove da noite, estará no Mesón O Poeta para falar cos veciños do barrio do Campón e Vista Alegre.